Sen horarios fixos nin desprazamentos
Traballas? Tes obrigas persoais ou familiares?
Continúa os estudos onde os deixaches.
Estuda ao teu ritmo coa axuda da aula virtual e do profesorado que titoriza cada materia.
A través de Internet
Empregando un dispositivo con acceso a Internet (ordenador, táboa electrónica, teléfono móbil), terás acceso aos materiais escritos e audiovisuais das materias en que te matricules.
En bacharelato o curso divídese en trimestres
Do mesmo xeito que na modalidade ordinaria. Poderás superar as materias asistindo aos exames parciais de cada trimestre, ou nos exames finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
Na ESO, dous cuadrimestres por curso
O primeiro cuadrimestre vai de setembro a finais de xaneiro. Entre febreiro e xuño ten lugar o segundo cuadrimestre. A matrícula en cada un é independente; a do segundo cuadrimestre comeza o 1 de febreiro.
Materias superadas
Se xa fixeches algún curso de bacharelato e tes materias superadas, non tes que facelas de novo. E o mesmo a ESO.
Tanto en bacharelato como na ESO, non é necesario cursar ou matricularse das materias superadas en anos anteriores.
Comunicación cos titores
Cada materia ten un profesor titor ou profesora titora. Se vives preto de Santiago, podes achegarte ao IES San Clemente no horario das titorías presencias ou telemáticas. Tamén poden resolverche as dúbidas de xeito telefónico ou a través da aula virtual.
Matrícula
Podes cursar o bacharelato telemático polas modalidades de Artes, Ciencias ou de Humanidades e ciencias sociais.
Se cumpres cos requisitos de acceso, podes facer a túa matrícula de bacharelato na web e enviar a documentación por correo ordinario. Tamén podes matricularte de xeito presencial no IES San Clemente, nos centros EPA ou no IES Monte Castelo de Burela.
Número de materias
Non existe un límite ao número de materias na matrícula nin ao número de convocatorias por cada materia, pero se é a primeira vez que fas o bacharelato non poderás matricularte ao mesmo tempo de dúas materias de contidos progresivos (p.e., Lingua galega I e Lingua galega II).
Dúbidas?