Bacharelato a distancia para persoas adultas
Aprende ao teu ritmo co noso apoio
CARACTERÍSTICAS
Acada o título de bacharel

O mesmo título que no sistema ordinario. Mellora as túas perpectivas laborais e accede a ciclos superiores de formación profesional ou á universidade.
REQUISITOS
Quen pode matricularse?

Persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran antes do 31 de decembro, e maiores de 16 anos que acrediten documentalmente causas excepcionais.
AULA VIRTUAL
Accede dende calquera lugar

Atoparás unha moderna aula virtual con contidos escritos e audiovisuais das materias. Terás acceso a titorías (telemáticas, telefónicas ou presencias) co profesorado.
EXAMES
Examínate onde ti decidas

Poderás superar as materias por parciais ou nun exame final. Preséntate onde ti prefiras: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Santiago ou Burela.
O período ordinario de matrícula rematou o 27 de novembro de 2020.
Ata o 30 de abril está aberto un período extraordinario para casos de enfermidade, cambios laborais e outras circunstancias que impidan estudar polo sistema ordinario.