
Bacharelato: maior de 18 anos e a ESO superada
ESO: proba inicial sen non tes requisitos académicos
Pode matricularse calquera persoa con estas características.
Se non é o teu caso, le as condicións completas académicas e de idade.

Requisitos de idade
Pode matricularse calquera persoa que teña 18 anos ou que os cumpra antes do 1 de xaneiro (ou durante o ano en curso, para as matrículas do segundo cuadrimestre da ESO).
Tamén poden matricularse persoas maiores de 16 anos que acrediten documentalmente causas excepcionais que lles impidan matricularse nun centro ordinario (traballo, estudantes de música e danza, deportistas de alto nivel ou alto rendemento).

Requisitos académicos
En bacharelato poden matricularse as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos académicos:
- Graduado en educación secundaria.
- Técnico correspondente a FP específica de grao medio.
- 2º de BUP superado cun máximo de dúas materias pendentes.
Se posúe outro tipo de titulación, consulte co persoal do IES San Clemente.